Intégranse os dous hospitais privados de Ourense
O presidente do grupo valisoletano Recoletas Red Hospitalaria, Amando Rodríguez, mantivo un encontro no Auditorio de Ourense cun cento de médicos e profesionais sanitarios.
Expuxo cal será o modelo de xestión en Ourense, dixo, para mellorar a oferta asistencial.
Unha experiencia que xa se levou a cabo noutras cidades de España, con importantes beneficios asistenciais e de aumento de cadro de persoal.
Nas próximas semanas haberá integración dos dous hospitais privados de Ourense. Así o aseguraba o presidente do grupo valisoletano Recoletas Red Hospitalaria, Amando Rodríguez, ante un cento de profesionais co obxectivo, dixo, de mellorar a oferta asistencial.
Unha experiencia que xa se levou a cabo noutras cidades de España, con importantes beneficios asistenciais e de aumento de cadro de persoal.
Entre COSAGA e El Carmen, os dous centros de Ourense, suman case 300 traballadores.
No último ano atenderon 120.000 pacientes e realizaron máis de 7.000 intervencións cirúrxicas.
Descartou falar de cifras económicas da operación.
Amando Rodríguez quixo despexar dubidas sobre posibles despedimentos asegurando que a súa política era aumentar o numero de profesionais
"Non temos presa e executarase nos próximos meses".
"Os dous centros contarán cunha 'altísima autonomía'".
"Todo o que pase nos centros e cos pacientes será a súa responsabilidade; o resto levarémolo de forma centralizada como poden ser as obras, as compras o a informática", explicou.