Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inés Rey pide que todos os implicados "remen" na mesma dirección na ampliación de Riazor

Inés Rey pide que todos os implicados "remen" na mesma dirección na ampliación de Riazor

O Concello apoia a ampliación do estadio, pero o Deportivo entende que o gasto non está xustificado

G24.gal 03/10/2025 16:09 Última actualización 03/10/2025 16:17

Rafael Louzán lanzou a semana pasada unha mensaxe de preocupación pola sede de Riazor para o Mundial 2030.

"Imos ver que pasa. Ten que haber sintonía entre o club e o Concello"

A inquietude de Louzán nace da falta de sintonía entre o Concello da Coruña e a propiedade do Deportivo, que expresou o propio Juan Carlos Escotet ao cuestionar e desentenderse da ampliación da capacidade que esixe a Fifa.

"Non atopamos xustificación financeira"

Esta semana expresouse o Concello a través do edil de Economía e Planificación

"Ten que haber entendemento e diálogo"

Esta mañá tamén se pronunciaba a alcaldesa da cidade herculina.

"Esta é unha oportunidade histórica para ter un estadio de primeiro nivel"

A outra fronte de Louzán é Vigo. Abel Caballero, que denunciara a exclusión de Balaídos por un cambio de criterios opaco, volve reivindicar a inclusión e ameaza con acudir á xustiza.

"Coidadiño, coidadiño... non teñamos que ir aos tribunais"

Falta un lustro para o mundial, pero os compromisos e as garantías están lonxe de cumprirse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade