Publicador de contidos

Publicador de contidos

Increméntanse as restricións en Portugal ante o Aninovo

Increméntanse as restricións en Portugal ante o Aninovo

Para cruzar a fronteira segue esixíndose o certificado de vacinación ou unha proba negativa 

Nos hoteis e aloxamentos pedirán un test negativo aínda que estean vacinados

G24.gal 27/12/2021 15:26

O avance da variante ómicron levou a Portugal a adiantar as medidas de contención que deseñaran para a volta de Aninovo.

Para cruzar a fronteira non hai novidade, segue esixíndose o certificado europeo de vacinación ou un proba negativa de covid.

Xa en Portugal, os que veñan a traballar teñen que ter en conta que o teletraballo é obrigatorio sempre que sexa posible.

Os que acudan por ocio ou turismo, que saiban que nos aloxamentos ou hoteis pediranlles un test negativo aínda que estean vacinados. Tamén o pedirán en eventos culturais e deportivos ou en casamentos e os días 30, 31 e 1 será necesario tamén para acceder ao interior dun restaurante.

O ocio nocturno está pechado e os comercios, que deberían estar xa en rebaixas, adían o período de descontos ata o 9 de xaneiro e reducen ocupacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade