Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arden tres colectores de lixo en Sanxenxo

Arden tres colectores de lixo en Sanxenxo

A Policía Local investiga os feitos e apunta a un acto vandálico

G24.gal 04/08/2025 13:58

Na fin de semana un incendio afectou varios colectores urbanos en pleno centro de Sanxenxo. Ata tres colectores do lixo quedaron completamente inutilizados tras o incendio que de madrugada se producía nesta céntrica rúa a carón do porto deportivo de Sanxenxo.

Agora xa foron repostos os colectores pero as lapas afectaron tamén un coche e unha motocicleta estacionados no lugar, e á instalación eléctrica e a un portal desta rúa Panadeira.

A policía investiga as causas deste lume que causou preocupación entre a veciñanza e que todo apunta a que foi provocado por un acto vandálico. Se o suceso non foi a máis foi pola rápida intervención da propia Policía Local de Sanxenxo e dos bombeiros de Pontevedra que acudiron a extinguir as lapas e arrefriar a zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade