Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Incautados 518 quilos de cocaína en Alxeciras
Sete persoas detidas como presuntos responsables do alixo nunha operación conxunta da Policía Nacional e a Garda Civil
 
            
                            G24.gal
                        
                            20/02/2024 21:21
                        
                        
                                Última actualización 20/02/2024 21:47
                        
                        
                    
                    Unha operación conxunta da Policía Nacional e da Garda Civil rematou coa detención de sete persoas en Alxeciras e a incautación de 518 quilos de cocaína.
O alixo estaba agochado nun colector no porto da localidade gaditana. A operación iniciouse tras recibir unha alerta sobre a carga sospeitosa dese colector en Panamá e que o buque ía facer escala en Alxeciras.
O dispositivo de vixilancia permitiu deter os reponsables do alixo cando estaban a realizar a extracción da droga
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        