Publicador de contidos

Publicador de contidos

Il Demoni, Álvaro Giménez, continúa no Rácing de Ferrol

Il Demoni, Álvaro Giménez, continúa no Rácing de Ferrol

O que foi o protagonista indiscutible da tempada do Rácing en Segunda queda un ano máis na Malata

O dianteiro tiña cláusula liberatoria por descenso e ningunha obriga co club de Ferrol

G24.gal 06/08/2025 09:47 Última actualización 06/08/2025 10:39

Álvaro Giménez, o dianteiro de Elxe que se converteu nun dos grandes protagonistas da tempada 2023/24 do Rácing Club Ferrol na LALIGA Hypermotion, continuará defendendo a camisola verde un ano máis. O xogador, que contaba cunha cláusula liberatoria en caso de descenso e que non tiña ningunha vinculación contractual co club desde o mes de xuño, decidiu apostar polo novo proxecto racinguista e permanecer na Malata.

Giménez chegou ao Rácing no verán de 2023 nunha aposta persoal de Carlos Mouriz. A súa incorporación foi, nun inicio, arriscada, pero axiña se confirmou como un acerto: asinou unha gran campaña con once goles na liga e dous máis na Copa do Rei. As súas actuacións foron decisivas en moitos encontros, e gañouse o cariño incondicional da afección ferrolá.

Despois de completar outra tempada no conxunto departamental, o atacante xa está de volta na Malata, onde iniciará os primeiros adestramentos de este novo proxecto que ilusiona a afección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade