Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iker Losada: "Estamos moi ben e temos que seguir nesta dinámica"

Iker Losada: "Estamos moi ben e temos que seguir nesta dinámica"

O canteirán, cedido polo Real Betis, suma minutos e boas sensacións nas súas primeiras semanas como futbolista do primeiro equipo

G24.gal 17/02/2025 16:25 Última actualización 17/02/2025 16:32

Iker Losada está a gañar os galóns no Celta de Vigo. O canteirán, cedido polo Real Betis, suma minutos e boas sensacións nas súas primeiras semanas como futbolista do primeiro equipo. Por diante ten tres meses para que o club vigués negocie a súa continuidade máis aló do 30 de xuño.

A boa dinámica de resultados na que se situou o equipo dirixido por Claudio Giráldez tras un complicado mes de xaneiro será o seu mellor aval. Os catro puntos conseguidos ante o Real Betis e o Atlético de Madrid reforzaron ao persoal do Celta de Vigo. Iker Losada destacou que "estamos moi ben e temos que seguir con esta dinámica".

"Levamos dous partidos con equipos europeos sacando moitos puntos. Oxalá puidésemos dicir que levamos os seis pero temos que seguir con esta dinámica, seguir así de fortes para o venres" contra o Osasuna en Balaídos.

O Celta estivo moi preto de levar a vitoria no Metropolitano pero un gol de Alexander Sorloth deixounos co mel nos beizos. Preguntado polo empate ante o Atlético de Madrid valorouno "de maneira positiva".

"Temos ese malestar de ir gañando e que nos empaten", recoñeceu pero é un punto que xera "confianza para o partido do venres" ante o Osasuna. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade