Cargando resultados...
Iker Losada decide o duelo co Compostela cunha falta maxistral
O Celta B fallou un penalti, pero acabou impoñéndose no Vero Boquete no Memorial Toño Bermúdez
G24.gal
03/08/2022 21:19
O Celta B gañou no Vero Boquete de San Lázaro cun gol maxistral de falta directa de Iker Losada (minuto 77). Foi o máis destacado dun partido no que o Compostela aproveitou o Memorial Antonio Bermúdez para presentarse diante da súa afección.
No primeiro tempo o Celta B demostrou máis feituras de equipo pero atopouse coa inspiración do Pato Guillén, que lle chegou a parar un penalti a Javi Gómez. O gol de Iker Losada resolveu un partido que baixou de ritmo na segunda metade por mor dos trocos.