Igualdade máxima entre o Frigoríficos do Morrazo e o Torrelavega (27-27)
O partido estivo marcado pola igualdade, a máxima diferenza foi de cinco goles a favor dos de cangas
Mario Dorado liderou a anotación dos galegos con 7 goles
Na xornada 14 da Liga Asobal, o Frigoríficos do Morrazo sumou un empate diante do Torrelavega (27-27). Logo de iren por detrás no marcador durante a primeira metade, os de Nacho Moyano reaccionaron antes do descanso. Na segunda metade colleron a iniciativa, comandados na anotación polos seis goles de Mario Dorado. Mediada a segunda parte, o Cangas tivo cinco goles de vantaxe. Pero o Torrelavega igualounos cun parcial de 0-5, e empatou a 27, con oito tantos de Alonso Moreno, que non errou ningún lanzamento.
Con este resultado, o conxunto galego suma outra xornada sen gañar, non o fai dende a xornada 5, e segue no antepenúltimo posto da liga. O Torrelavega mantense na zona media da táboa cunha marxe considerable respecto a zona baixa.