Publicador de contidos
Publicador de contidos

Igrexa e empresarios reflexionan en Santiago sobre ética e ben común

Igrexa e empresarios reflexionan en Santiago sobre ética e ben común

O arcebispado de Santiago convida neste foro os empresarios a que falen non só de balances de resultados, senón tamén de traballo digno ou inserción social

G24.gal 12/04/2024 13:55

Arredor de 200 empresarios reúnense este venres en Santiago nun foro organizado polo Arcebispado compostelán para reflexionar sobre ética, ben común e sostibilidade. Inauguraron o encontro o arcebispo de Santiago, Francisco Prieto; o presidente da CEOE, Antonio Garamendi; o presidente da Conferencia Episcopal, Luis Argüello; o nuncio do papa en España, Bernardito Auza; e o presidente electo da Xunta, Alfonso Rueda.

O arcebispado de Santiago convida neste foro os empresarios a que falen non só de balances de resultados, senón tamén de traballo digno ou inserción social. A patronal di que o seu labor contribúe a mellorar a sociedade "xerando empregos, soldos, investimentos e con impostos que son os recursos que sosteñen os servizos do Estado", dixo Garamendi.

O debate central da xornada será sobre a ética da intelixencia artificial. O nuncio en España traslada a postura do Papa sobre este tema: "Deixa claro un principio xeral amplo e favorable, pero condicionado a unha verdadeira humanización do ser humano", explicou Auza.

O presidente electo da Xunta defende o compromiso do empresariado galego co progreso e critica a súa "demonización" e avanza que nesta lexislatura a colaboración público-privada permitirá facer grandes proxectos.

"Este Goberno négase a que toda proposta que veña do lado empresarial se poña baixo observación", dixo Alfonso Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos