Publicador de contidos

Publicador de contidos

Identificadas nove vítimas dun presunto depredador sexual en Ourense

Identificadas nove vítimas dun presunto depredador sexual en Ourense

O detido, de 21 anos, ingresou en prisión provisional sen fianza

As vítimas son menores de 16 anos

Empregaba unha vivenda abandonada, nas inmediacións dun descampado

G24.gal 19/12/2022 14:20

Foi na vivenda do presunto agresor, no barrio ourensán do Couto, onde se produciu a detención.

"Catro policías estiveron aí, moitas horas". "Un rapaz que había que vivía por aquí que andaba sempre acompañado de rapaciñas e rapaciños, pero non desconfiamos de nada", comentan dous veciños da zona.

O detido, coñecido como Manu, de 21 anos, ingresou xa en prisión, polo risco de fuxida e pola gravidade dos feitos que se lle imputan: delitos continuados de agresión sexual contra, polo menos, nove vítimas, todas menores de 16 anos. A primeira que denunciou ten trece, e os investigadores non descartan que haxa máis.

Supostamente, captaba as súas vítimas con distintos enganos, como facerse pasar por un xefe da mafia, ofrecéndolles protección a cambio de sexo. Estas, coaccionadas, acudían canda el á súa casa ou a unha vivenda abandonada, nas inmediacións dun descampado, a poucos metros da casa do presunto agresor e por onde non pasaban inadvertidos.

"Eu veño todos os días pasear o can por aquí e víao coas rapazas. Como me vou meter, se me poden pegar uns trompazos? Tiñan a porta pechada cun cadeado e todo. Eu vía o movemento polo camiño todos os días", explica un veciño que pasea pola zona.

O xuíz tamén lle impuxo ao detido nove ordes de afastamento, unha por cada vítima, por se sae da prisión antes de que se celebre o xuízo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos