Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iberia Express cancela dous voos este luns con orixe ou destino en Santiago

Iberia Express cancela dous voos este luns con orixe ou destino en Santiago

A aeroliña suspendeu dez voos en toda España, entre eles os que conectaban ida e volta Madrid coa Lavacolla

G24.gal 29/08/2022 10:45

Iberia Express suspendeu dez voos este luns, entre eles dous con saída ou chegada a Santiago, na segunda xornada da folga de tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP) convocada polo sindicato USO.

Os voos cancelados son os incluídos no decreto de servizos mínimo, que no caso do aeroporto da Rosalía de Castro da Lavacolla, son os que corresponden co enlace de ida e volta con Madrid

Os outros voos afectados son as conexións, tamén de ida e volta, entre a capital española e Gran Canaria, Málaga, Mallorca e Sevilla.

Segundo informa a aerolínea de baixo custo filial de Iberia, dos 1.300 pasaxeiros afectados as cancelacións deste luns, 1.000 xa foron recolocados noutros voos ou medios de transporte alternativos, e o resto solicitaron bono ou reembolso ou está pendente de elixir a alternativa que mellor lle conveña.

USO sinala nunha comunicación aos medios que ademais dos 10 voos cancelados, a compañía "desprogramou" outros tantos que se operaban por tripulacións españolas desde Londres e pasarán a ser realizados por British Airways, aeroliña que pertence ao grupo hispano-británico IAG do mesmo xeito que Iberia.

Iberia Express explica que teñen un contrato de dispoñibilidade de avións e tripulacións con British Airways, que é quen xestiona o programa comercial e decide os voos que opera a española e, efectivamente, hoxe desprogramou dez con base en Londres-Gatwick.

Este luns coinciden tres folgas no sector aéreo, todas elas en compañías de baixo custo e todas en demanda de melloras salariais: á de Iberia Express únese a que veñen desenvolvendo desde principio do verán os tripulantes de Ryanair, tamén convocados por USO, así como os pilotos de easyJet, chamados polo Sepla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade