Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ian Mackay sobe de categoría e xogará no Eldense ata o final da temporada

Ian Mackay sobe de categoría e xogará no Eldense ata o final da temporada

O porteiro foi liberado polo Deportivo hai quince días

G24.gal 23/01/2024 22:02

Hai quince días Ian Mackay vivía un dos momentos máis duros da súa carreira deportiva. O equipo do que era o capitán e a cuxa canteira pertencía, o Real Club Deportivo, decidía rescindir o seu contrato para liberar unha ficha e poder asinar un xogador que non sexa sub-23 neste mercado invernal. 

O porteiro xa ten destino. O Eldense, equipo da Segunda División, aposta pola veteranía e fiabilidade de Ian Mackay para unha posición que non tivo un dono claro ata o de agora. Comezou xogando Vallejo, porteiro do ascenso, pero foi substituído por Zubiaurre na xornada 9, que agora acaba de ser cedido ao Mirandés. Nos últimos cinco partidos, o adestrador outorgoulle a titularidade a Álvaro Acebes, que chegara ao club como terceiro porteiro. Esa inestabilidade e cambios no mercado fan que chegue Mackay para reforzar a porta do cadro alacantino. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos