Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iago Aspas volve adestrarse e estará na decisiva cita de Cornellà

Iago Aspas volve adestrarse e estará na decisiva cita de Cornellà

Hoxe si traballou tras non poder facelo onte por estar con febre

Beltrán: "É o partido que vai definir a onde imos poder chegar"

G24.gal 16/03/2023 14:03 Última actualización 16/03/2023 14:11

Iago Aspas si traballou hoxe, tras non poder facelo onte por estar con febre. Así pois, esatará dispoñible para un partido que pode ser decisivo.

"É o partido que vai definir a onde imos poder chegar e onde podemos estar a final de ano. É un duelo que nos pode dar un impulso cara arriba", comentou onte o mediocentro Fran Beltrán.

O Celta chegará ao partido de Cornellà cunha xeira de catro partidos sen perder, con oito puntos dos doce posibles, a mellor serie de toda a tempada, que non se daba desde o inicio do ano 2022, con Eduado Coudet no banco, cando os celestes estiveran cinco partidos sen perder, con dúas vitorias e tres empates (nove puntos de quince).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade