Hugo Sotelo renova co Celta ata 2028
Hugo Sotelo renova co Celta ata 2028
En 2021 debutou en primeira sendo xuvenil con Eduardo Coudet
Entre o Celta Fortuna e primeiro equipo, o vigués acumula, polo momento, un total de 58 partidos, 1 gol e 4 asistencias
O R. C. Celta pecha a renovación do canteirán Hugo Sotelo. O mediocentro, de 20 anos de idade, e o director de Fútbol do R. C. Celta, Marco Garcés, estamparon as súas firmas nun contrato que lle vincula co club ata xuño de 2028.
Formado en categorías inferiores, Sotelo leva case cinco tempadas achegando calidade e velocidade nos máis de 3.140 minutos nos que defendeu a camiseta celeste.
Entre o Celta Fortuna e primeiro equipo, o vigués acumula, polo momento, un total de 58 partidos, 1 gol e 4 asistencias. Un paso máis que reafirma o compromiso do R. C. Celta cun dos seus piares fundamentais, a canteira.
"O club quere desexarlle a Hugo Sotelo moitos éxitos nesta nova etapa como celeste e destacar a importancia do traballo, o esforzo e o sacrificio como culme para alcanzar os soños", di o Celta nun comunicado.
✍️🩵 pic.twitter.com/5trRK5zMpA
— RC Celta (@RCCelta) October 1, 2024
Debutou en primeira sendo xuvenil con Eduardo Coudet e foi ante o Barcelona o 16 de maio de 2021.
Querémoste, Sote 😍 pic.twitter.com/3d1TMT3EBN
— RC Celta (@RCCelta) October 1, 2024