Hugo Sotelo, baixa ante o PAOK por unha escordadura de nocello
O conxunto celeste realizará este mércores, un último adestramento no Toumba Stadium de Salónica
O centrocampista Hugo Sotelo é baixa para o partido do xoves contra o PAOK despois de sufrir unha escordadura no nocello dereito durante o adestramento de hoxe na cidade deportiva Afouteza.
Unha baixa que se suma á do extremo Álvaro Núñez, terceiro e último reforzo invernal do Celta. O exfutbolista do Elxe empezou a traballar co grupo tras mellorar da pubalxia que vén arrastrando desde finais de 2025, pero aínda non ten a alta médica.
O conxunto celeste realizará mañá, mércores, un último adestramento no Toumba Stadium de Salónica, onde ao día seguinte, a partir das 18.45 horas, disputará o partido de ida dos dezaseisavos de final da liga Europa ante o conxunto grego.
🏥 Parte médico: Hugo Sotelo
— Celta (@RCCelta) February 17, 2026
O xogador sofre un esguince de nocello dereito.
📎 Más información en https://t.co/vy4WheCkYx pic.twitter.com/2IUpQKHmWa