Cargando resultados...
Hugo Mallo non volverá xogar ata despois do Mundial
Confirmada unha rotura muscular de Grao I que o terá apartado dos campos durante tres semanas
G24.gal
27/10/2022 20:59
Coudet non poderá contar con Hugo Mallo ata despois do Mundial. O capitán, que se retirou no partido ante o Xetafe por molestias, sofre unha rotura de fibras de grao un no bíceps femoral dereito, segundo o parte médico do club.
O Celta tamén informou de que o centrocampista Luca de la Torre sufriu no adestramento unha distensión muscular nos isquiotibiais e está pendente de probas, polo que é dúbida para o próximo partido do sábado ante o Almería.