Publicador de contidos

Publicador de contidos

Homenaxe a Cunqueiro no Carballiño 111 anos despois do seu nacemento

Homenaxe a Cunqueiro no Carballiño 111 anos despois do seu nacemento

Descubriuse unha escultura en lembranza de Álvaro Cunqueiro na Insua dos Poetas

Alfonso Rueda, na primeira visita dun presidente da Xunta a este espazo, estivo no acto

 

G24.gal 17/12/2022 17:22

Inagurada na Insua dos Poetas unha escultura dedicada a Álvaro Cunqueiro  No parque temático da cultura galega, que é a Insua dos Poetas, escoitáronse hoxe e quedan gravados para sempre os versos "Pro eu resucitarei que soio volven os que recordan, compañeiros", poema que Cunqueiro escribiu pouco antes de morrer e que fala do ser de todo autor.

É a primeira vez que un presidente da Xunta visita este espazo creado en 2007 para divulgar o noso patrimonio artístico e ambiental. Alfonso Rueda defendeu que é de xustiza este recoñecemento a Cunqueiro, moi vencellado ademais á provincia de Ourense.

Destacou o proxecto de aproveitamento dunha contorna natural como a Insua dos Poetas para crear cultura e comprometeu o apoio do Goberno autonómico.

A escultura é da artista de Boborás Tatiana R. Fírvida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos