Publicador de contidos

Publicador de contidos

Homenaxe a Castelao en Bonaval no 73 aniversario do seu pasamento

Homenaxe a Castelao en Bonaval no 73 aniversario do seu pasamento

A fundación que leva o seu nome organizou un acto no Panteón de Ilustres de Galicia, en Santiago

Castelao faleceu hai 73 anos en Bos Aires
G24.gal 07/01/2023 13:11 Última actualización 07/01/2023 15:00

Tal día coma hoxe, un 7 de xaneiro de 1950, morría en Bos Aires o intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Para conmemorar esta data, a Fundación que leva o seu nome organizou un acto de homenaxe no Panteón de Ilustres de Galicia, na igrexa de San Domingos de Bonaval.

Ademais dunha ofrenda floral, houbo varias intervencións e música para lembrar o político, escritor, investigador, conferenciante, articulista, debuxante e coordinador do Seminario de Estudos Galegos.

Membro fundador do Partido Galeguista, o seu traballo foi decisivo na unificación e consolidación do nacionalismo galego e na promoción do Estatuto de Autonomía.

Momento da homenaxe Momento da homenaxe
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos