Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hidalgo: "Vexo a Yeremay moito máis liberado"

Hidalgo: "Vexo a Yeremay moito máis liberado"

Confirmou que tanto o canario como Gragera teñen moitas opcións de estar na convocatoria

G24.gal 14/11/2025 11:36 Última actualización 14/11/2025 11:43

O Deportivo dá por superado o mal momento de outubro e afánase en volver sumar outros tres puntos a domicilio en Córdoba este domingo (18:30 horas na TVG). Faino coa satisfacción de recuperar a Samuele Mulattieri e poder contar, previsiblemente, con Yeremay e Gragera, recuperados das súas molestias dos últimos días.

"Córdoba é unha das saídas máis complicadas do ano", apuntou Antonio Hidalgo en Abegondo.

Antonio Hidalgo mete presión aos seus xogadores para manter a intensidade e adaptarse á proposta do conxunto branca e verde.

"É un equipo que vai cara adiante e te estresa moito. Ten uns inicios e uns finais de partido moi intensos, temos que combatelos e ter a nosa dose de balón para instalarnos en campo contrario", sinalou.

Hidalgo falou dun Córdoba que non perde desde o mes de setembro.

"Tes que ser atrevido, valente e deixarlles poucas opcións", engadiu.

Na actualidade branca e azul retumba de novo o nome de Yeremay e o Sporting de Portugal.

"Vexo a Yeremay moito máis liberado, máis contento. Goza moitísimo do día a día no campo. Iso, os rivais, nótano. É un xogador diferencial", destacou o técnico de Canovelles sobre o canario.

Confirmou que tanto el como Gragera, despois de facer traballo específico esta semana, teñen moitas opcións de estar na convocatoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade