Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hidalgo, sobre as ofertas a Mella e Yeremay: "Senten o escudo e van dalo todo ata o que estean aquí"

Hidalgo, sobre as ofertas a Mella e Yeremay: "Senten o escudo e van dalo todo ata o que estean aquí"

O Deportivo comeza o campionato na noite deste sábado ante o Granada

G24.gal 15/08/2025 12:48 Última actualización 15/08/2025 12:56

O Deportivo de Antonio Hidalgo arrinca motores, de maneira oficial, na noite deste sábado. A partir das 21:30 horas, o cadro branquiazul iniciará unha nova campaña ligueira en Granada. A falta de dúas semanas para que se peche o mercado, o persoal do Dépor non está pechada. Faltan por chegar dianteiros e as ofertas a Mella e Yeremay comezan a ser mareantes.

Antonio Hidalgo, en rolda de prensa, asegurou que, a pesar das chamadas, ambos están comprometidos co equipo e van dalo todo ata o último día que defendan o escudo.

"Todo o mundo sabe que se fala, que as ofertas están aí. Fernando foi moi claro o outro día. Témoslle un agarimo enorme aos dous, senten o escudo e van dalo todo ata o último segundo que estean aquí. Temos que axudarlles a procesar toda esa cantidade de información e de ruído. Témoslles moito agarimo, estamos ao seu lado e queremos que sigan connosco".

En canto ao partido, o técnico catalán apunta á calor como un dos factores para ter en conta e espera que o equipo dea o 1000 por 1000 para poder chegarse o encontro.

"Vivo en constante alerta e intento traballar cada día coa máxima intensidade. A evolución é boa e estamos preparados para competir".

"Mañá teremos que sufrir e competir a gran nivel mañá. Temos gran talento".

A única baixa é a de José Ángel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade