Hidalgo: “No club e na cidade sabemos que hai presión sempre”
O técnico do Deportivo admite que tanto el como o seu equipo deben saber lidar coa presión cada semana
Esta fin de semana xoga contra o Ceuta en Riazor
Foto Deportivo
Escudero e Ximo son as únicas baixas que ten Hidalgo para xogar ante o Ceuta
Villares, Yeremay e Quagliata non adestraron ao mesmo ritmo que os seus compañeiros durante a semana, pero a súa participación, en principio, non periga.
"Empezan a pesar os partidos. E tratamos de optimizar as cargas dos xogadores que levan máis minutos. Acabaron o partido de Córdoba con algún tipo de sobrecarga e non queriamos correr demasiado risco con Yere e con Villi".
"No caso de Giaco tivo unha torcedura no nocello. Adestrará e veremos as súas sensacións. Esperamos que non sexa grave e poida estar dispoñible para o domingo".
O adestrador do Deportivo non quere que os seus xogadores baixen a tensión polo feito de enfrontarse ao Ceuta, un equipo con menos nome que outros.
"Presión no club e na cidade haina todos os días. Cando consegues vitorias todo se afronta con máis tranquilidade, pero isto é moi longo. A situación cambiou nunhas semanas polos resultados, pero sabemos que imos ter un partido moi difícil o domingo contra un Ceuta moi ben traballado con balón".
O equipo ceutí ten 18 puntos e só logrou un triunfo como visitante.