Hidalgo: "A copa mantén enchufada á xente, veremos a un equipo con fame"
O técnico non quixo desvelar se haberá moitos cambios no once, pero admitiu que na liña de atrás non haberá moito movemento debido ás baixas
O Deportivo espera mañá un Mallorca de Primeira División que lle vai esixir moitísimo. Antonio Hidalgo recoñece que o seu equipo ten aspectos que mellorar, pero chama por encima de todo a recuperar o equilibrio.
"Quedo co empuxe que nos dá Riazor durante os 90 minutos. Sabemos onde estamos e animamos á xente a que veña. Chega un partido bonito para gozar todos xuntos".
Será un partido para que algúns que non gozan de minutos, poidan reivindicarse.
"É unha competición que mantén enchufada a moita xente e veremos un equipo con fame".
O Deportivo chega a esta cita coa urxencia de gañar, leva dúas derrotas seguidas En Riazor.