O Fortaleza anuncia a fichaxe de Helton Leite por un custo de 300.000 euros
O brasileiro tiña un ano máis de contrato co Deportivo, pero pediu saír para xogar a Copa Libertadores

Helton Leite xa non é porteiro do Deportivo. O Fortaleza incorpórao de xeito inmediato e ten moitas posibilidades de xogar nos vindeiros días co seu novo club. Coa lesión dos seus dous gardametas e coa Copa Libertadores dentro dunha semana diante de Vélez o equipo brasileiro tiña que moverse moi rápido no mercado.
Nun principio falábase de que o Deportivo se remitía á cláusula, pero no anuncio da contratación o equipo brasileiro concretou as cifras da fichaxe. 1,9 millóns de reais asegura pagar o Fortaleza, 300.000 euros ao cambio. Lonxe do millón de euros que tiña no seu contrato Helton para marchar de xeito unilateral.
Helton Leite está #FechadoComOLeão! 👊🦁
— Fortaleza Esporte Clube 🦁 (@FortalezaEC) August 6, 2025
O Fortaleza Esporte Clube anuncia a contratação do goleiro Helton Leite até 31 de dezembro de 2026, que estava atuando no Deportivo de La Coruña, da Espanha.
Para firmar o acordo, o Leão do Pici realizou o pagamento da multa de 300 mil… pic.twitter.com/Id0p2hymAH
Agora o que ten que asinar con celeridade é o Deportivo. Queda con Parreño e Eric Puerto como porteiros pero Hidalgo pediu un porteiro. O elixido é Álvaro Fernández, que coincidiu co adestrador deportivista no Huesca. Fernández está no Sevilla pero non conta para o seu adestrador co que tamén vería con bos ollos a marcha dun xogador que ten contrato ata o 2027.