Publicador de contidos
Publicador de contidos

Héber Pena nega que exista presión antes de xogar co Eldense

Héber Pena nega que exista presión antes de xogar co Eldense

 O Racing gañou un encontro dos catro últimos partidos

G24.gal 20/10/2023 15:20 Última actualización 20/10/2023 17:50

Un gol de superclase, asistencias e desequilibrio. Héber Pena é un dos xogadores máis perigosos da Liga. E aos 33 anos, un veterano dos que opta por manter firme o rumbo da nave.

"Presión ningunha, sabemos cal é o obxectivo do club".

A Malata, o porto refuxio racinguista, acolle a visita doutro acabado de chegar, o Eldense. Rival directo. Dos catro últimos partidos, o Rácing gañou un encontro. Na súa liña, Héber desbota urxencias e pon as luces longas.

"Todos queremos estar o máis arriba posible pero esta categoría é moi difícil. Hai que saber de onde vimos e cara onde imos. Tranquilidade"

Acougo que proporciona un estadio que ningún visitante foi quen de asaltar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade