Haberá catorce galegos no equipo paralímpico español
150 deportistas estarán na capital francesa nos xogos paralímpicos
Na expedición de 150 deportistas paralímpicos que acudirán a París para a celebración dos Xogos Paralímpicos, haberá hasta 14 deportistas galegos. Atópanse nesta lista Juán Ferrón (natación), Susana Rodríguez Gacio (triatlón), Juan Antonio Saavedra (tiro), Desirée Vila (atletismo), Gustavo Nieves (atletismo), Adiaratou Iglesias (atletismo), Jacobo Garrido (natación), Adrián Mosquera (piragüismo) Martín de la Puente (tenis), Vicky Alonso (baloncesto), Araceli Menduíña (piragüismo), Judith Rodríguez (esgrima), Damián Ramos (ciclismo) e Manu Lorenzo (baloncesto).
A expedición completa que viaxará á capital francesa constará de 259 persoas, con 103 máis de staff, 73 técnicos e e 36 de persoal común, con 20 destinados ao servicio médico, xa que como dixo Alberto Jofre, o director xerente do CPE, "dáselle importancia a que todos os deportistas estean o mellor atendidos".