Cargando resultados...
Héber Pena "Outra vez: somos superiores, tiran dúas veces e perdemos"
Héber Pena "Outra vez: somos superiores, tiran dúas veces e perdemos"
O extremo de Narón lamenta unha nova derrota na Malata

G24.gal
23/01/2022 20:49
É unha historia que se repite demasiadas veces nesta temporada. O Rácing de Ferrol segue perdendo na casa o que rabuña a domicilio. Hoxe o seu verdugo foi o UD Logroñés. Regresaba á titularidade un dos homes máis destacados, Héber Pena.
"Outra vez nos pasa. Outra vez somos superiores, outra vez tiran unha vez na primeira parte, outra na segunda, e outra vez acabamos perdendo. Creo que nos penalizan os erros que temos e se queremos estar aí arriba temos que dar un paso adiante. O rival tamén xoga, viñeron a pecharse máis que a atacar. tiveron dúas opcións, aproveitaron. Nós tivemos, pero se non marcas, non vale"