Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gromo con 39 traballadores contaxiados de Finsa tras unha cea de Nadal

Gromo con 39 traballadores contaxiados de Finsa tras unha cea de Nadal

A reunión foi organizada por compañeiros no ámbito extralaboral

As empresas ven con preocupación as celebracións e piden respectar as medidas 

G24.gal 17/12/2021 08:13

O gromo que afecta 39 traballadores da empresa madeireira compostelá Finsa xurdiu, segundo confirman desde a compañía, dunha cea no ámbito extralaboral organizada entre os compañeiros dos servizos centrais e na que participaron 59 persoas. 

Malia que neste caso confirman que as baixas polo gromo non están a afectar o normal funcionamento da fábrica, a preocupación por estas reunións no seo das empresas existe.

Ante a nova situación epidemiolóxica, moitas empresas que tiñan previsto realizar ceas cos seus empregados optaron por cancelalas. Noutras deixan aos seus traballadores a decisión de celebrar esas reunións extralaborais de compañeiros. 

No caso de participar nestas reunións, desde a Sociedade Galega de Médicos Internistas lembran a importancia de respectar as medidas de protección, como manter grupos burbullas, empregar máscaras FFP2, manter as distancias de seguridade e os espazos ventilados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos