Publicador de contidos

Publicador de contidos

Graves disturbios nunha manifestación en Bruxelas contra as restricións sanitarias

Graves disturbios nunha manifestación en Bruxelas contra as restricións sanitarias

A policía cifra en 50.000 os asistentes á protesta contras as medidas anticovid

G24.gal 23/01/2022 18:46

A manifestación deste domingo en Bruxelas contra as restricións sanitarias adoptadas pola pandemia, rematou con disturbios e violencia nas rúas. A policía cifra en 50.000 os participantes na marcha que comezaba de xeito pacífico.

Estaban previstos oradores locais e internacionais no céntrico parque do Cincuentenario, xunto ás sedes dos organismos comunitarios. Nesa zona da cidade comezaron os enfrontamentos e os actos violentos contra as forzas de seguridade que vixiaban a protesta con helicópteros, drons e material antidisturbios.

Algúns asistentes guindaron proxectís contra os axentes, que responderon con canóns de auga e gas lacrimóxeno. Algúns edificios e vehículos sufriron danos.

Antes da marcha a Policía rexistrou os manifestantes e localizou obxectos perigosos que confiscou e houbo polo menos seis detencións, pero non puido evitar os incidentes tras o remate da multitudinaria manifestación.

Na marcha víronse bandeiras alemás, francesas, neerlandesas, estadounidenses, polacas ou romanesas entre outras. Os participantes levaban pancartas con críticas aos gobernos, á vacinación ou ao certificado covid dixital. A maioría deles non levaba a máscara posta.

En Bruxelas aínda non se chega ao 50 % de vacinados por motivos ideolóxicos, sanitarios ou relixiosos.

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade