Publicador de contidos

Publicador de contidos

Grau e Giménez-Orta gañan o Campionato de España de tríatlon na Coruña

Grau e Giménez-Orta gañan o Campionato de España de tríatlon na Coruña

Na categoría masculina o galego Andrés Prieto acabou no terceiro posto

Na feminina, Sara Guerrero non estivo ao mellor nivel e acabou de 14ª

G24.gal 16/06/2024 15:01

No día en que os neoprenos e as bicicletas tomaron a cidade da Coruña, un triatleta local acadou un dos maiores éxitos da súa carreira. A elite do deporte español pelexou polo podio no Campionato de España de tríatlon esprinte.

O galego Esteban Basanta, vixente subcampión, partía entre os favoritos, e foi dos primeiros en chegar á bicicleta, pero perdeu opcións no transcurso da proba na que foi emerxendo a figura do oleirense Andrés Prieto, quen só foi superado no último treito previo á meta. Primeiro e segundo foron dous triatletas do club Cidade de Lugo Fluvial, o catalán Genís Grau e o madrileño Nacho Gálvez. Medalla de bronce para Andrés Prieto, do Fogar. No seu segundo ano na elite.

Na categoría feminina, as esperanzas galegas estaban postas en que a naronesa Sara Guerrero subira ao podio no que o ano pasado foi segunda. Pero non foi o seu día. Proclamouse campioa a andaluza Maite Giménez-Orta. Sara Guerrero, do Náutico de Narón, quedou no posto catorce lonxe das súas expectativas. Primeiro tropezo na que estaba a ser unha boa temporada.

Na Coruña reconvertida en capital do tríatlon español, unha figura destacou sobre o resto. Entre probas e transicións, Iván Raña era o máis recoñecido e demandado polos afeccionados. Con el falamos da inminente participación olímpica do vigués Antonio Serrat. Antonio Serrat ocupa actulamente o posto 17 no ranking mundial, e debutará en cita olímpica o 30 de xullo en París.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade