Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gómez Noya correrá o 1 de xuño unha proba en Vitoria

Gómez Noya correrá o 1 de xuño unha proba en Vitoria

O ferrolán agarda volver á alta competición o 13 de abril no T100 de Singapur

Correrá en España preparando o T100 de San Francisco que se disputa o 8 de xuño

G24.gal 26/03/2024 07:43

O mellor triatleta español da historia, o cinco veces campión do mundo Javier Gómez Noya, volverá competir en España o vindeiro 1 de xuño. Anunciou que estará na liña de saída do OTSO vi half Gasteiz, unha proba de longa distancia que se corre en Vitoria. 

O ferrolán participa na proba buscando o punto de forma óptimo para o T100 de San Francisco (8 e 9 de xuño). Non será o regreso á competición dun Gómez Noya que este ano participa no circuíto do T100 e agarda tomar parte da segunda proba puntuable que se correrá en Singapur (13-14 de abril). Hai que lembrar que o T100 comezou en Miami, pero unha enfermidade fixo que decidise non participar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos