Publicador de contidos
Publicador de contidos

Golazo do galego Hugo Novoa no triunfo da selección sub 21

Golazo do galego Hugo Novoa no triunfo da selección sub 21

O de Bertamiráns marcou o terceiro tanto na clara vitoria sobre Noruega

Nico González e José Fontán tamén tiveron minutos 

G24.gal 27/09/2022 21:49

Protagonismo galego no partido amigable que a seleccion española sub-21 gañou esta tarde contra Noruega no Alcoraz. 3-0 gañou o equipo de Luis de la Fuente.

O primeiro gol chegou á saída dun córner; o central do Spórting José Gragera remachaba ao fondo da portería. Na segunda metade entraron o coruñés Nico González e o celeste vilagarcián José Fontán, e o 2 a 0 chegaba nesta combinación entre Rodri, Bryan Gil e Abel Ruiz.

O mellor gol do encontro chegou en tempo de compensación. Hugo Novoa, o rapaz de Bertamiráns que milita no Leipzig, asinou un golazo. Marchou de dous defensas e cun potente disparo superou o porteiro de Noruega. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar