Publicador de contidos

Publicador de contidos

Goberno e sindicatos tentan pechar este luns a suba salarial do funcionariado

Goberno e sindicatos tentan pechar este luns a suba salarial do funcionariado

O Executivo aumentou un punto a súa oferta e propón un 11% de incremento entre os anos 2025 e 2028

UXT avanzou o seu apoio, CC OO non se pronunciou e a CSIF prefire esgotar a marxe de negociación

A reunión do pasado xoves entre Goberno e sindicatos. EFE A reunión do pasado xoves entre Goberno e sindicatos. EFE
G24.gal 23/11/2025 20:00 Última actualización 23/11/2025 20:08

O Goberno reúnase este luns cos sindicatos para tratar de pechar un novo acordo para a función pública cunha suba salarial do 11% entre o 2025 e o 2028. 

Tras formular un 10% inicial, que UXT, CCOO e a CSIF rexeitaron, o Executivo aumentou un punto a súa oferta, que engloba catro anos, os dous primeiro cun incremento de ata o 4% e o resto na segunda parte do período.

UXT xa avanzou o xoves o seu apoio, CCOO aínda non se pronunciou e a CSIF mantén a presión polo que "seguirá negociando ata o último minuto" porque considera que "hai marxe" de mellora.

O coordinador da área Pública de Comisións Obreiras, Lucho Palazzo, falou tras a xuntanza do xoves de "desbloquear a situación". Despois mantivo xuntanzas internas pero non transcendeu a súa decisión.

"É o momento de estudar detidamente esta oferta e dar unha resposta responsable que permita desbloquear a conxelación salarial que, de facto, sofren as persoas traballadoras do ámbito público".

Esa mesma tarde, UXT avalou unha proposta salarial que permitiría "recuperar máis de dous puntos de poder adquisitivo na vixencia do acordo".

A secretaria de Estado da Función Pública, Consuelo Sánchez, segundo a CSIF asegurou que "non hai un plan B" e emprazou aos sindicatos a "falar coas súas organizacións para decidir unha resposta", que escoitará na reunión convocada deste luns.

Pola súa banda, o ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, amosouse convencido de poder pactar cos sindicatos unha suba salarial que manteña o poder adquisitivo.

Medidas adicionais

Entre as medidas adicionais que reclaman os sindicatos está desbloquear e recuperar a xubilación parcial, a plena implantación da xornada de 35 horas, melloras na promoción interna e a eliminación da taxa de reposición de efectivos.

Tamén reclaman fondos adicionais para corrixir a desigualdade económica do persoal público que presta as mesmas funcións en administracións distintas.

A CSIF incide ademais na recuperación das pagas extras íntegras ou que o incremento ao persoal laboral do Exterior se vincule á inflación do país no que desenvolvan o seu labor profesional.

Asegura que o Goberno si trasladou o compromiso de actualizar as contías económicas vinculadas ao complemento de residencia e insularidade, así como por razón de servizo (manutención e aloxamento).

O anterior acordo plurianual subscribiuse para o período 2022-2024 entre o Goberno e CCOO e UXT cun incremento salarial fixo e outro variable.

En total asegurábase unha suba mínima do 6,5%, que podía alcanzar o 9,5% en función de variables vinculadas ao IPC e ao PIB recollidas nas cláusulas de revisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos