O Goberno e as comunidades acordan a repartición dos fondos do Plan de Vivenda
Son 7.000 millóns en total, dos que a Galicia chegarán case 400
O Goberno e as comunidades autónomas acordan como repartir os cartos do novo plan de vivenda. En total son 7.000 millóns de euros e a Galicia tocaranlle 399. Pero as comunidades gobernadas polo PP cren que ese diñeiro non chega e lamentan que as axudas tarden tanto en poñerse en marcha.
Este plan estará financiado nun sesenta por cento polo Estado e o corenta por cento restante polas comunidades autónomas. O plan protexe de forma indefinida as vivendas públicas para que non se poida especular con elas. Incorpora unha cláusula antifraude nas adxudicacións.
As comunidades gobernadas polo Partido Popular lamentan a falta de consenso e non descartan futuros recursos ante o Supremo. Falan de invasión de competencias e da inconstitucionalidade dalgunhas medidas. Galicia, que recibirá 399 millóns de euros, acata, di a conselleira un plan que, din, chega tarde e que é insuficiente.
Amais Martínez Allegue sinala que non será operativo ata o segundo semestre deste ano polo que atrasa a convocatoria de axudas como as destinadas a comunidades de propietarios, ao alugueiro ou a construtores de vivenda pública.