Giráldez, sobre o mercado: "Hai que estar atentos porque haberá movementos"
Hugo Álvarez está recuperado e poderá xogar ante o Betis
O técnico do Celta, Claudio Giráldez, respondeu sobre o mercado na conferncia de prensa previa ao doio fronte ao Betis, ao que reaccionou chanceando con que non houbo ningunha cara nova na sesión de adestramento deste martes.
"Está todo igual, pero quedan días e vai ser unha semana en que hai que estar atentos porque vai haber movementos, queiramos ou non. Conversacións sempre hai e logo preguntádeslle a Marco (Garcés) de todo iso", limitouse a dicir o adestrador celeste.
O preparador confía en que o seu equipo chegue a este partido adiantado da sexta xornada nas mellores condicións posibles ao doio fronte ao Betis, entre semana, tras xogar o sábado ante o Mallorca.
"O equipo recuperou ben e está cada vez máis preparado para estas situacións. A maioría chegarán en bo estado", avanzaba, deixando claro que Hugo Álvarez xa é un máis tras a gripe da semana pasada.
Dando por certo que haberá modificacións no once, non dá ningunha pista.
"Vai haber cambios, seguramente, si. Non se descarta que non sexan tantos".
E arguméntao con que lle "gustou o partido do outro día máis que o da primeira xornada", pero á vez, tamén teñen que "recuperar e ter un bo nivel físico para rivais tan potentes como Betis e Vilarreal", mencionou.