Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez: "O Boloña foi superior, a súa vitoria é xusta"

Giráldez: "O Boloña foi superior, a súa vitoria é xusta"

O técnico celeste lamentou “o erro” do seu equipo no segundo gol de Federico Bernardeschi

G24.gal 12/12/2025 12:10 Última actualización 12/12/2025 12:22

Claudio Giráldez, adestrador do Celta, considerou xusta a vitoria do Boloña (1-2) en Balaídos, onde o seu equipo non puido defender o temperán tanto de Bryan Zaragoza.

“É verdade que temos os nosos momentos no partido para poder gañalo, pero en liñas xerais foron máis rápidos. Foron superiores, a súa vitoria é xusta. Creo que non estivemos ben. Superáronnos, primeiro no físico e segundo na intensidade en situacións de duelos de segundas accións. E logo marcou a diferenza o seu nivel individual”, explicou.

O técnico celeste lamentou “o erro” do seu equipo no segundo gol de Federico Bernardeschi, tanto “na toma de decisión” como “no equilibrio” defensivo.

“O rival foi mellor e hai que felicitalo. Temos que esixirnos, aprender e mellorar”, subliñou Giráldez, para quen o Boloña foi “máis físico” e “intenso” que o seu equipo.

“No Bernabeu fomos capaces de saír da presión do Real Madrid, pero hoxe desesperámonos en situacións defensivas. Non podemos cometer eses erros que, baixo o meu punto de vista, son moi fáciles de emendar. Temos que ser máis estables no xogo e evolucionar no físico para poder sobrevivir”, avisou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade