Publicador de contidos
Publicador de contidos

Giráldez e a canteira: a solución do Celta estaba na casa

Giráldez e a canteira: a solución do Celta estaba na casa

Nove partidos despois da chegada de Giráldez: 16 puntos no peto, a salvación feita e os canteiráns como parte da operación rescate

G24.gal 21/05/2024 13:47 Última actualización 21/05/2024 13:56

O final de temporada do Celta revela que o cambio no banco de Balaídos foi determinante. Os números falan a favor de Claudio. Do adestrador que mudou o curso dos acontecementos. Cunha aposta polo fútbol vertical e pola canteira. Unha aposta arriscada que achegou 16 puntos en nove partidos. Claudio desfixo, ademais, os tópicos da inexperiencia e de ter a xogadores máis vellos no vestiario. Claudio convenceunos a todos de que outra maneira de xogar era posible.

Rafa Benítez chegou para o centenario celeste. Un foguete máis na que se presumía festa rachada para acabar en outro ano de susto. Pero dubidaba da canteira.

"Non é o mesmo a Primeira RFEFque a Primeira división".

En 28 xornadas de liga Benítez sumaba cinco vitorias nada máis, o peor rexistro en 80 anos. Un feixe de empates, derrotas e 24 puntos escasos que levan o equipo a unha situación crítica a dez partidos do final. Nos despachos, non acababan de ver clara a remuda.

A presidencia celeste cambia de adestrador no ano da oliveira dos cen e Claudio Giraldez cumpre na aposta pola casa. Nove partidos despois: 16 puntos no peto, a salvación feita e os canteiráns como parte  da operación rescate.

A solución estaba na casa, e Benítez tíñaa tan a man como a tivo Claudio, pero éche ben certo, como din os vellos, que non hai peor cego ca o que non quere ver.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar