Gardar os trebellos que non nos caben na casa xa é máis caro que o alugueiro dunha vivenda
Un rocho de alugueiro de 50 metros cadrados custa máis de 600 euros
Neste momento a demanda disparouse e estas empresas apenas dispoñen de espazos libres
Os negocios de alugueiro de rochos arrancaron en Galicia hai anos con pouca forza. Neste momento a demanda disparouse e estas empresas apenas dispoñen de espazos libres.
Alugar un rocho é unha solución para vivendas pequenas, gardar as cousas mentres realizas reforma ou unha mudanza ou para gardar obxectos que non precisamos no día a día.
A alta demanda dispara os prezos que no caso dos rochos máis amplos chega a superar o prezo do alugueiro dunha vivenda. Almacenar as nosas pertenzas nun espazo de 50 metros cadrados custa máis de seiscentos euros.
Outro dos factores que impulsaron esta actividade é o de dar unha segunda vida a baixos comerciais e naves.