Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galo de Mos para representar a Lugo no concurso de tapas de España

Galo de Mos para representar a Lugo no concurso de tapas de España

Competirán en Madrid Fusión con cociñeiros de todo o estado

Castañas, cogomelos e crocantes completan a tapa

G24.gal 12/01/2023 20:20 Última actualización 12/01/2023 20:33

Tres salsas, crocante de tapioca, castaña caramelizada... son algúns dos ingredientes desta tapa tan elaborada, que ten como base o canelón de galo de Mos e que resultou gañadora técnica no concurso de tapas de Lugo.

Agora esperan repetir o éxito no concurso de tapas de España que terá lugar dentro de dez días no certame Madrid Fusión e onde acoden como embaixadores da hostalería luguesa.

A tapa foi deseñada con produtos típicos do outono pero pode elaborarse e degustarse en calquera época do ano. Por iso, non pensan retocala de cara o concurso.

É un prato que require de numerosos pasos tanto na súa elaboración como na presentación. Logo de tanto traballo, vense con opcións de gañar malia competir cos mellores de España.

Agora confían en facer bo ese lema da provincia que di: "E para comer, Lugo"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade