Galicia volve superar as 600 hospitalizacións despois de dous meses
O Sergas notificou dous falecementos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas

Galicia segue sumando ingresos por coronavirus en planta (+23), pero mantense igual ca onte nas UCI, pasando xa das 600 hospitalizacións, unha cifra que que non pasabamos desde o pasado 16 de febreiro. En total, hai 591 e 15 persoas ingresadas, respectivamente.
Pola súa parte, os contaxios diarios tamén aumentan e chegan aos 1.457, a pesar de que xa non se contan os casos leves de covid–19.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
En canto aos casos activos, estes soben tamén e volven pasar dos 12.000 (+457), deixando o total en 12.124.
O Sergas notificou dous decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas, que alza a cifra a 3.240 falecementos desde o inicio da pandemia.