Galicia volve superar as 500 hospitalizacións en planta, pero reduce os ingresos nas UCI
O Sergas notificou un deceso por mor da covid-19 nas últimas 24 horas

Comeza a primeira semana de abril cun importante aumento dos pacientes con coronavirus ingresados en planta (+74), pero descende nas UCI (-5). En total, hai 513 e 17 persoas hospitalizadas respectivamente.
Pola súa parte, descenden os contaxios diarios á metade con respecto ao sábado e rexístranse 517, xa que non se contan os casos leves de covid-19.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Os casos activos experimentan tamén unha pronunciada caída (-3.716) e xa están nos 13.878.
O Sergas notificou un deceso por mor da covid nas últimas 24 horas, que alza a cifra a 3.216 falecementos desde o inicio da pandemia.