Galicia terá unha nova lei de incendios antes de que remate este ano
Alfonso Rueda avanza que haberá axudas para incentivar que os nosos montes sexan produtivos
O presidente da Xunta cre que o pacto de estado sobre incendios debería servir para mellorar a coordinación entre administracións
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, adianta que neste período de sesións que comeza en setembro "a lei de incendios debería presentarse no Parlamento". Unha lei que non traerá cambios revolucionarios, explica Rueda, que critica os que propoñen solucións máxicas ou irrelializables.
Fronte a iso, avanza, Galicia apostará por reforzar a prevención axudando a facer máis produtivo o monte: "Daremos máis facilidades para que os terreos se poidan cultivar. Hai prohibiciós que a veces non se sabe ben ao que responden. Por exemplo, en períodos de risco baixo que non se poidan facer queimas e desbroces, hai que flexibilizar isto un pouco".
O presidente prefire as medidas de estímulo que a expropiación forzosa das terras, porque, asegura, a poboación cada vez está máis concienciada . Non así o Adif, a quen acusa de non rozar a carón das vías: "Isto non pode suceder, se hai que obligalos con multas, si, pero xa sería tremendo".
Rueda cre que o Pacto de Estado sobre esta cuestión debería servir para mellorar a coordinación entre administracións. E aínda que o balance de incendios en Galicia de xullo é bo, pide non baixar a garda: "Temos por diante uns meses moi difíciles", conclúe.