Galicia supera os 3.000 falecidos por covid-19 desde o inicio da pandemia
Os casos activos seguen descendendo e baixan dos 50.000
Diminúe a presión hospitalaria en planta, pero aumenta nas UCI

Os casos activos continúan en descenso e xa están por debaixo dos 50.000. En total, hai 49.376 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios descenden con respecto ao día anterior e rexístranse 3.195 nas últimas 24 horas.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 10.790 (-433)
Vigo: 12.161 (-731)
Ourense: 4.791 (-242)
Santiago: 8.895 (-220)
Lugo: 5.107 (-258)
Pontevedra: 5.287 (-195)
Ferrol: 2.345 (-106)
En canto á presión hospitalaria, esta tamén segue baixando en planta (-10), pero aumenta nas UCI (+3). En total, xa hai menos de 700 hospitalizacións: 646 en planta e 48 nas UCI.
Con todo, o Sergas notificou o deceso de 21 persoas que foran diagnosticadas con covid-19, alzando a cifra a 3.008 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos