Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia segue restando casos activos e tamén descende a presión hospitalaria

Galicia segue restando casos activos e tamén descende a presión hospitalaria

Aumentan os contaxios diarios e pasan dos 4.000

Jessica Fernández 08/02/2022 10:21

Os casos activos continúan o seu descenso e xa rozan os 51.000. En total, hai  51.561 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan notablemente con respecto ao día anterior e rexístranse 4.043 nas últimas 24 horas

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 11.223 (-373)

Vigo: 12.892 (-832)

Ourense: 5.033 (-152)

Santiago: 9.115 (-275)

Lugo: 5.365 (-208)

Pontevedra: 5.482 (-249)

Ferrol:  2.451 (-56)

En canto á presión hospitalaria, esta volve baixar despois de varios días en aumento, aínda que se mantén por riba dos 700 ingresos. En total, hai 656 persoas en planta (-33) e 45 nas UCI (-3).

Con todo, o Sergas notificou o deceso de once persoas por mor da covid-19, que alzan a cifra a  2.987 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade