Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia segue restando casos activos e roza as 24.000 persoas con coronavirus

Galicia segue restando casos activos e roza as 24.000 persoas con coronavirus

Aumentan os contaxios diarios por riba dos 1.500

O Sergas notificou catro decesos por mor da covid

Jessica Fernández 22/02/2022 10:07

Os casos activos seguen baixando (-1.868) e hai, en total, 24.102 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan con respecto a onte e rexístranse 1.711 nas últimas 24 horas

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 5.153 (-354)

Vigo: 4.928 (-480)

Ourense: 2.816 (-185)

Santiago: 4.187 (-349)

Lugo:  2743 (-178)

Pontevedra: 2.654 (-223)

Ferrol: 1.362 (-78)

En canto á presión hospitalaria, esta descende notablemente en planta (-21), pero mantense igual nas UCI. En total, hai 546 e 31 persoas ingresadas respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou catro decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.079 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade