Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia rexistra un novo falecemento e supera os 8.500 casos activos

Galicia rexistra un novo falecemento e supera os 8.500 casos activos

Galicia suma 696 novos casos

Medra a presión asistencial con 237 ingresados 

A incidencia acumulada sitúase en 262,60 casos por cen mil habitantes a catorce días

G24.gal 06/12/2021 10:06 Última actualización 06/10/2021 19:42

Empeora a situación de coronavirus en Galicia, con 696 novos casos. Os datos continúan coa tendencia negativa dos últimos días e xa son 8.591 as persoas co virus, que son 387 máis que 24 horas cos datos das 18:00 horas do domingo.

Mantense por encima da media española en incidencia acumulada, ao situarse con 262,60 casos por cen mil habitantes a catorce días, fronte aos 248,18 estatais.

A presión hospitalaria aumenta de novo hoxe, con 14 ingresados máis en planta e os mesmos en UCI. Os hospitalizados totais aumentan de 223 a 237. 

Nas últimas 24 horas realizáronse 6.604 probas PCR, cun 10,55 % de positivos.

O Sergas notificou esta tarde o falecemento dunha muller de 91 anos no CHOP, que tiña patoloxías previas.  Desde o comezo da pandemia morreron en Galicia 2.682 persoas.

Situación por áreas sanitarias

Segue a preocupar a situación en Vigo e Ourense con especial vixilancia das autoridades sanitarias. En Vigo xa son máis de 2.500 as persoas con covid e Ourense supera as 2.100 infeccións.

Só na área de Ferrol seguen a ter libres de enfermos ás UCI covid, e en Vigo son 14 os que precisan atención en agudos.

Vigo: 2.589 (+140)

Ourense: 2.140 (+99)

A Coruña: 1.172 (+35)

Pontevedra: 1.033 (+79)

Lugo: 650 (+5)

Santiago: 614 (+19)

Ferrol: 393 (+10)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade