Cargando resultados...
Galicia resta pacientes covid tanto en planta (-24) como nas UCI (-1)
O Sergas notificou 12 decesos por mor da covid nas últimas 24 horas

Jessica Fernández
05/04/2022 10:15
Baixan os ingresos de persoas con coronavirus tanto en planta (+24) como nas UCI (-1). En total, hai 489 e 16 persoas hospitalizadas respectivamente.
Pola súa parte, aumentan os contaxios diarios con respecto ao día anterior e rexístranse 928, a pesar de que xa non se contan os casos leves de covid-19.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Os casos activos continúan o seu descenso (-1.242) e xa están nos 12.636.
O Sergas notificou doce decesos por mor da covid nas últimas 24 horas, que alza a cifra a 3.228 falecementos desde o inicio da pandemia.