Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia reduce lixeiramente a presión hospitalaria por coronavirus

Galicia reduce lixeiramente a presión hospitalaria por coronavirus

O Sergas notificou cinco falecementos por mor da covid-19 nas últimas 24 horas

Aumentan os contaxios diarios e os casos activos

G24.gal 26/04/2022 10:13

Descende lixeiramente a presión hospitalaria en Galicia ao baixar de 700 as hospitalizacións por coronavirus. Hai menos persoas ingresadas en planta (-2) e menos tamén nas UCI (-3). En total, hai 676 e 21 ingresos, respectivamente.

Pola súa parte, os contaxios diarios volven subir e notifícanse o dobre ca onte, 1.481, que se reparten nas distintas áreas sanitarias da seguinte maneira:

En canto aos casos activos, estes volven subir, e chegan aos 14.798 (+541), o número de persoas con coronavirus en Galicia.

Sergas notificou cinco decesos por mor da covid-19 nas últimas 24 horas, que alzan a cifra a 3.324 falecementos desde o inicio da pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos