Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tempo o día da eclipse: alta probabilidade de nubes no norte da Coruña e Lugo

O tempo o día da eclipse: alta probabilidade de nubes no norte da Coruña e Lugo

As temperaturas serán elevadas sen previsión de precipitacións, con posible néboa no sur de Pontevedra e tormentas na montaña de Lugo e Ourense

MeteoGalicia MeteoGalicia
G24.gal 11/08/2026 14:07 Última actualización 11/08/2026 14:36

Galicia vivirá este mércores unha xornada de temperaturas elevadas e nebulosidade desigual durante a eclipse solar. A Aemet prevé ceo pouco nubrado ou despexado en boa parte do territorio, pero alerta unha alta probabilidade de nubes baixas no norte das provincias da Coruña e Lugo. 

As brumas e a nubosidade poderían dificultar especialmente a observación no litoral norte, desde A Mariña ata Ortegal, xa que o Sol estará moi baixo sobre o horizonte durante a eclipse.  Con todo, en cidades como A Coruña ou Ferrol hai unha "probabilidade moi alta, entre o 80 e o 90 %, de que estean os ceos pouco nubrados ou despexados".

As temperaturas serán especialmente alta no sur, con ata 39 graos no val o Miño e valores de ata 38 en varias zonas de Lugo e Ourense. A Aemet tamén contempla unha baixa probabilidade de tormentas secas na zona montañosa do oeste de Ourense e no sur e leste de Lugo antes da eclipse. 

MeteoGalicia sinala que os ventos do norte ao atardecer poderían incrementar a nebulosidade en zonas como A Mariña, Ortegal, Ferrolterra, A Coruña, Bergantiños e Costa da Morte.

probabilidade de nebulosidade baixa tamén é moi alta na zona entre Vilán e Caión, nas mesmas circunstancias que no norte de Lugo, con brumas costeiras e néboas nas zonas de terra elevadas próximas á costa.

En Pontevedra, na franxa costeira ao sur de Baiona, hai unha alta probabilidade de que se formen néboas de advección, restrinxidas á franxa costeira. No resto de zonas, os modelos dan certa probabilidade de que se formen nubes medias en gran parte da provincia de Lugo, e tamén posibilidade, ou probabilidade baixa, de formación de nubes de base máis elevada na costa da Coruña, mar dentro.

A previsión é que as temperaturas sexan altas, ao redor dos 30 graos e máis á hora da eclipse, fóra das zonas norte da Coruña e de Lugo. Especialmente altas serán no val do Miño, con aviso laranxa de temperaturas de ata 39 graos ata as 21 horas, e amarelo en Lugo (no sur); Ourense (noroeste, sur e zona de Valdeorras) por temperaturas de ata 38 graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade