Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia mantén a pandemia en fase de meseta tras acadar o pico de contaxios

Galicia mantén a pandemia en fase de meseta tras acadar o pico de contaxios

Hai 70 enfermos de covid menos ingresados que ao comezar a semana

Nun hospital galego todas os enfermos na UCI son persoas sen vacinar

G24.gal 21/01/2022 20:43

Con preto de 79.000 casos activos de covid ninguén quere facer soar as campás. Pero algúns indicadores invitan a certo optimismo. A incidencia comeza a baixar, sobre todo a sete días e os contaxios diarios xa non van a máis. Nas últimas 24 horas comunicáronse trescentos menos que o día anterior e 2.000 menos que hai unha semana.

 "Os datos apuntan a que, como tiñamos previsto, nesta semana, entre o 15 e o 18 chegáramos a ese pico de casos. De momento cumpriuse esa previsión. Incluso os datos de hoxe son un pouquiño máis baixos que os de onte, unha baixada de momento suave que nos fai falar máis de meseta que de descenso", asegura o conselleiro de Sanidade.

Agora cómpre seguir moi pendentes da situación nos hospitais. Hai que esperar uns días pero semella que a repunta na presión hospitalaria non se está a producir. Chegamos á fin de semana con 70 ingresados menos que o luns e coa ocupación en UCI estable. Iso si, as persoas sen vacinar son pouco máis do 4 % e os que teñen máis probabilidade de acabar en coidados intensivos.

"Estamos a ver datos impactantes de persoas non vacinadas nas UCI. Concretamente onte nun hospital galego o 100 % das persoas ingresadas na UCI eran persoas non vacinadas", informaba García Comesaña.

O martes reúnese o comité clínico. Ademais de analizar a evolución da pandemia terá sobre a mesa o protocolo para o Entroido. Aposta por actividades ao aire libre con máscara e distancia. Está por decidir se se mantén en 10 o límite de comensais á mesa nos xantares típicos destas celebracións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade